Once áreas de xestión que traballan xuntas, nun só programa na nube. Isto é o que fai cada unha.

Do encargo do cliente á viaxe feita: pedidos con cargas, descargas e mercadorías, que se valoran sós coas túas tarifas e se converten en viaxes cun clic.

Un cadrante cos teus camións, remolques e condutores por días e horas. Arrastras a viaxe e o programa avísate de todo o que non encaixa.

Un motor de tarifas que entende o transporte e che di, antes de saír, o que vas gañar con cada porte.

Toda a documentación que pide a lei, xerada do propio pedido e sempre ao día, sen plataformas á parte nin custos por documento.

Factura todos os portes do mes dunha vez e deixa que os asentos, o IVE e os vencementos se fagan sós.

Pasa viaxes aos teus colaboradores sen papelame: o programa calcula o que lles pagas e fai as súas liquidacións ou autofacturas.

Cada camión e cada condutor coa súa ficha completa, os seus custos e os seus pagamentos, sen follas de cálculo á parte.

O taller propio ou o de fóra, cos seus recambios, as súas revisións que se avisan soas e o que custa cada quilómetro.

O condutor leva o seu traballo no móbil e o teu cliente ve o seu sen chamarte. Os dous, incluídos na cota.

Para o transporte que non é só estrada nin só carga completa.

Os números de verdade da túa empresa, sen agardar polo xestor: que camión, que cliente e que ruta che dan diñeiro.
IAVera coñece a normativa do transporte por estrada e FacturaGesTRANS ao dedo. Pregúntaslle coma a unha compañeira, por escrito ou falando, e respóndeche ao momento.
Todo o que fai VeraPróbao na demo con datos de exemplo ou pídenos que cho ensinemos cos teus casos reais.
Vera es una asistente con IA: da información general y puede equivocarse; revisa cada caso concreto. 10 preguntas gratuitas al día. No digas datos personales. No guardamos la conversación ni el audio.