BELMAR Informática, a empresa da familia FacturaGesTOTAL de programas de xestión.
FacturaGesTRANS é o programa de xestión para empresas de transporte de BELMAR Informática, a empresa que está detrás da familia FacturaGesTOTAL de programas de xestión.
Somos unha empresa consolidada que leva moitos anos desenvolvendo programas de facturación, contabilidade, nóminas e xestión para miles de negocios. Ese percorrido é o que poñemos en cada pantalla: sabemos o que pasa nunha oficina de tráfico un luns a primeira hora e o que custa un peche de mes.
Desenvolvemos, aloxamos e damos soporte aos nosos programas nós mesmos. Cando chamas, falas con quen coñece o programa, non cunha centraliña.

Cada función responde a como traballa de verdade unha empresa de transporte, do autónomo ao grupo con varias sociedades.
Unha versión ao mes con melloras e novidades legais, incluída na cota.
Implantación acompañada, formación por videochamada ou na túa oficina e soporte en horario laboral.
Servidores na Unión Europea, cumprimento do RXPD e contrato de encargo de tratamento con cada cliente.
FacturaGesTRANS comparte a forma de traballar, a seguridade e o soporte dos demais programas da familia.
Próbao na demo con datos de exemplo ou pídenos que cho ensinemos cos teus casos reais.
Vera es una asistente con IA: da información general y puede equivocarse; revisa cada caso concreto. 10 preguntas gratuitas al día. No digas datos personales. No guardamos la conversación ni el audio.